É un queixo moi versátil tanto para tomar só, como para acompañar a alimentos doces ou salgados. É ideal para tomar de sobremesa porque facilita a dixestión, pódese acompañar de azucre, mel, marmeladas. Na zona norte de Galicia, utilízase tamén no almorzo nas clásicas torradas.
Vai moi ben cos peixes afumados, ensaladas, recheo de pastas, salsas, carnes. Outra forma de tomar o requeixo é engadindo toques de viño tinto e azucre, ou viño tostado do Ribeiro. Tamén na nova restauración acompáñase con toques de augardente tostada
Peso | 500 gr |
---|
Información do vendedor
- Store Name: Campo Capela
- Produtor: Campo Capela
- Address: Calzados 8
15613 A Capela
A Coruña