Licor de café elaborado á maneira tradicional. Con café da mellor calidade, e cun toque picante aportado pola maceración con chile habanero. En boca presenta notas de cacao, caramelo e madeira provintes da infusión con chile Habanero. Ten un fondo picante moi suave, o cal potencia os sabores propios do licor café tradicional. A nosa recomendaciónde uso é consumilo ben frío aínda que se se quere experimentar un nivel de picante un pouco mais acusado compre consumilo a temperatura ambiente.
Licor café BRAVUS
13,50 € IVA Incluido
Conta a lenda… que nunha aldea perdida no norte de Galicia, habitaba Bravus, un mestre licoreiro do cal se dicía que elaboraba os mellores licores de toda a costa Ártabra.
Din as malas linguas que vendera a súa alma ao Demo a cambio de conseguir o ingrediente segredo que convertiría o seu licor de café no mais delicioso do lugar.
Iso sí, o licoreiro só podería fabricar as súas brebaxes o día 13 de cada mes.
Éste, ansioso por vender mais botellas que ningún outro, incumpliu o trato. O Demo percatouse do engano e sentenciou:
“Tras o incumplimento do noso acordo, convertirei en Lume os teus licores, e invocarei á BRAVURA a toda aquela persoa que ose bebelos”.
Añadir o carriño
Peso | 0,78 kg |
---|
Información do vendedor
- Store Name: A Factoría do Lume Co.
- Produtor: A Factoría do Lume Co.
- Address: Lgar. de Espiñuda, nº30
15552 Valdoviño
A Coruña