Quen son

Seitura 22

A Asociación Seitura 22 é unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxecto o desenvolvemento local. A Asociación ten como ámbito de actuación preferente o dos Concellos das comarcas do Eume, Ferrolterra e Ortegal ademais dos concellos de Miño e Vilarmaior.

Constitúese o 29 de Marzo de 2016, como Grupo de Desenvolvemento Rural coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais; institucionais, sociais e económicos, tanto públicos coma privados, interesados en promover o desenvolvemento sostible do territorio de actuación. A estratexia de desenvolvemento da Asociación ten como obxectivo a mellora da calidade de vida da poboación local a partir da posta en valor dos recursos propios do territorio.

A creación e lanzamento desta plataforma de marketplace para os produtos agroalimentarios do territorio, comprende unha representación das principais producións do mesmo; cultivos hortícolas de temporada ou plantas aromáticas, transformados vexetais, lácteos, produtos de apicultura ou repostería.

Marketplace Seitura

“Produtos das Comarcas de Ferrolterra, Ortegal e Eume”

Seitura “Garantía da terra”, como Marketplace, pretende sumar esforzos a partir de produtos con tradición e historia, elaborados por produtores con nome e apelidos. Significa apoiar e cooperar cos nosos pequenos produtores, poñéndolle cara e lugar de orixe aos alimentos que consumimos. 

A través deste consumo contribuímos ao desenvolvemento sostible da nosa terra, a manter un medio rural vivo, asentar poboación e frear o deterioro dos ecosistemas grazas ao mantemento das actividades tradicionais e respectuosas co mesmo.

O fortalecemento comunitario, a protección ambiental e o apoio a economía local son os obxectivos deste proxecto que redunda nos propios fins da Asociación Seitura22.

Envio gratuito

Con calquera pedido, mínimo de 25€, os teus envíos son gratis para toda España, así conseguimos o mellor prezo.

Pago seguro

Visa, Master Card e American Express desenvolveron un sistema para realizar de forma segura pagos na internet. O sistema de Comercio Electrónico Seguro baséase en que o Emisor da tarxeta (banco ou caixa de aforros) identifique ao titular da mesma antes de autorizar o pago por Internet.

Pequenos produtores

Os nosos produtores, ofrécenche a máxima calidade, e ao mellor prezo. Seleccionamos os seus mellores produtos para ti.