Licor elaborado de forma artesanal mediante a maceración das flores do toxo, coñecidas como chorimas, en augardente de bagazo durante un período de máis dun mes. Pasada a maceración, o licor fíltrase e engádese azucre ata a súa perfecta disolución, deixando repousar o produto antes de ser embotellado, xunto cunha pequena rama de toxo.
Envase de 70 cl. Volumen alcol 30%