Este queixo, elaborado de forma artesá, evoluciona en cada época do ano permitindo apreciar un lixeiro cambio no seu sabor dependendo da alimentación do gando dos nosos socios, sendo un queixo moi suave para o padal.
Recomendación á hora do consumo
É un queixo moi cremoso que se pode chegar a consumir como queixo de untar. Como característica dos queixos de país é un bo acompañante de marmelos e marmeladas. Podemos utilizalo para a elaboración de purés, cremas, salsas ou calquera tipo de acompañamento. Especial para gratinados.