Antigamente ao Queixo de Inverno denominábaselle queixo de nabiza , xa que as nabizas son as follas tenras que brotan dos nabos plantados dende antigo nas granxas galegas para alimentar as vacas nos meses de inverno (de outubro a marzo), unha práctica gandeira ancestral e sostible. Para chegar a conseguir a curación necesaria dánselle baños de auga e sal.
É un queixo estacional e, ao estar elaborado de maneira artesanal e con leite cru, o seu sabor e cheiro conserva todos os aromas e sabores da zona do Parque Natural Fragas do Eume onde se sitúan as granxas que conforman a Cooperativa.
Recomendación á hora do consumo
Consumir a temperatura ambiente, cortando en forma de cuña e en láminas finas.