Queixo Tetilla

13,41 

Noso Tetilla Campo Capela é o primeiro e único que se elabora con leite cru de vaca.

13,41 

Añadir o carriño
Ref: CC-Quesotetilla Categories: Etiquetas:

É o queixo máis representativo da gastronomía galega e o máis popular, sen dúbida, pola súa forma de seo. O noso Tetilla Campo Capela é o primeiro e único que se elabora con leite cru de vaca, trátase dun queixo tenro cunha maduración de polo menos 8 días, de pasta branda e de sabor suave, de textura algo cremosa e sabor lixeiramente acedo e salgado suave. A cortiza é máis ben dura de cor amarela palla, mentres a pasta interior é branca amarfilada e branda.

En 2018 obtén a medalla de bronce no campionato do mundo World Cheese Awards, celebrados en Noruega.

Recomendación á hora do consumo

O marmelo é o seu acompañamento ideal, pero tamén as marmeladas de tomate, pemento…Resulta ideal para elaborar salsas, recheos, tostadas…

Peso 0,8 kg

Información do vendedor

  • Store Name: Campo Capela
  • Produtor: Campo Capela
  • Address: Calzados 8
    15613 A Capela
    A Coruña